TU NO ESTAS SOLO O SOLA EN ESTE MUNDO si te gustó un artículo, compártelo, envíalo a las redes soiales, twitter, facebook LOS PARTIDOS POLITICOS SON DE LA ESENCIA DE LA DEMOCRACIA.DEBEMOS FORTALECERLOS Y PARA ELLO HAY QUE CAPACITAR A LOS JOVENES Y NO TAN JOVENES POLITICOS EN LA NUEVA POLITICA, EN EL MARKETING POLITICO 2.0

Wednesday, September 11, 2013

ESPAÑA non participará nunha intervención militar en Siria

Margallo afirma que España non participará nunha intervención militar en Siria


Etiquetas: intervención militarEspañaSiriainternacionalMargallo

10/09/2013 - GaliciaeLV/ Axencias

O ministro español de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, declarou hoxe que España non participará nunha intervención militar en Siria, entre outros motivos porque non cumpre as condicións que establece a lei, e reiterou que seguirá colaborando para alcanzar unha solución política ao conflito.

O titular de Exteriores respondeu así no pleno do Senado a unha pregunta dun senador sobre a posición do Goberno ante unha posible acción militar de EE UU e algúns países aliados contra o réxime sirio como represalia polo uso de armas químicas.

Margallo aclarou que España se move na súa política exterior baixo tres principios básicos: o protagonismo de Nacións Unidas, o consenso na UE e a preferencia das solucións políticas sobre as solucións militares.

Tras sinalar que ''non se debe producir unha intervención" en Siria, o ministro asegurou que "España non vai participar porque o prohibe a lei de Defensa", que condiciona a participación de tropas españolas nunha acción militar exterior a que esa misión conte coa autorización ou un mandato de Nacións Unidas, da OTAN ou da UE, "supostos que non se producen neste caso".

O xefe da diplomacia española recordou que España participa na procura dunha solución política e dialogada, ao seu xuízo, "o única posible", e seguirá apoiando os esforzos do Consello de Seguridade de Nacións Unidas para que "nunca máis se usen armas químicas".

Neste sentido, o ministro eloxiou a proposta rusa para que o réxime sirio entregue o control do arsenal químico, unha posibilidade que "abriu unha fiestra de esperanza", segundo dixo.

Doutra banda, afirmou que España sente "extraordinariamente cómoda" na declaración asinada no cume do G20 de San Petersburgo, tamén apoiada polos socios na UE, ao considerar que coincide con programa de política exterior español.

Goberno español colabora en paliar "unha situación humanitaria catastrófica, dentro e fóra de Siria", destacou García-Margallo.
Fuente:GaliciaeLV/ Axencias

Saludos
Rodrigo González Fernández
Diplomado en "Responsabilidad Social Empresarial" de la ONU
Diplomado en "Gestión del Conocimiento" de la ONU
Diplomado en Gerencia en Administracion Publica ONU
Diplomado en Coaching Ejecutivo ONU( 
  • PUEDES LEERNOS EN FACEBOOK
 
 
 
 CEL: 93934521
Santiago- Chile
Soliciten nuestros cursos de capacitación  y consultoría en GERENCIA ADMINISTRACION PUBLICA -LIDERAZGO -  GESTION DEL CONOCIMIENTO - RESPONSABILIDAD SOCIAL EMPRESARIAL – LOBBY – COACHING EMPRESARIAL-ENERGIAS RENOVABLES   ,  asesorías a nivel nacional e  internacional y están disponibles  para OTEC Y OTIC en Chile

No comments: